Wednesday 08 de May de 2024

Alternativa esixe melloras para o Complexo deportivo da Barcala


As queixas das persoas usuarias se repiten, non solo pola falta de actividades, tamén por temas estruturais como que o teito principal da piscina está moi deteriorado, faltando parte do seu recubrimento, ou a necesidade de mantemento e renovación das máquinas do ximnasio que presentan óxido e están obsoletas.

Isto Motivou a que o voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre, Raul Varela, solicitase novamente o arranxo dos danos detectados nas instalacións deportivas da Barcala.

Agora inícianse as obras para a ampliación do recinto, con máis dun ano de retraso e coincidindo coa campaña electoral, pero o abandono do ximnasio da Barcala se leva reclamando dende alternativa insistentemente, xa que a veciñanza paga unha cota, que non difire ás que se pagan noutras instalacións con moitos máis servicios e dotadas de maquinaria segura e actualizada para facer deporte.